Sunday 05 de May de 2024

Protección Civil de Cambre convoca o Curso de ingreso para novos voluntarios


O próximo domingo 15 de febreiro ás 10.30 horas terá lugar na base de Protección Civil, situada Nos campons, o Curso de Ingreso de Novos Voluntarios que, de forma altruísta, prestarán a súa colaboración ao municipio en tarefas de prevención, promoción e intervención. Haberá un relatorio na propia base e á conclusión desta levarase a cabo un exame para avaliar os coñecementos dos futuros voluntarios. As persoas interesadas poderán acceder dende a páxina web de Concello a un formulario para inscribirse no curso.